Winning entries could not be determined in this language pair.There were 2 entries submitted in this pair during the submission phase. Not enough entries were submitted for this pair to advance to the finals round, and it was therefore not possible to determine a winner.Competition in this pair is now closed. |
I O espazo é o terreo onde converxen os escritores e as sementes das palabras son escasas, pois poderían xurdir os brotes dun poema. II O espazo, inconcluso para que se escriban as palabras e se aforre a memoria. III Un escritor enche o espazo con palabras, o seu significado dado desafía o intelecto o seu sentido cautivador invade o propio ser. IV A musa é un bufón temerario cuxa fortuna se debe culpar pois o espazo énchese e bórrase polo escritor con palabras que se alborotan. V Se esta arte entretén o lector, será gratificante. Se esta arte axuda a calmar a miña fame, estarei saciado. Pero, Se esta arte nunca se le, alguén poderá atopalo agochado nas gretas do espazo, resoando, dividíndose e fundíndose no punto final. | Entry #34403 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|
I O espazo é o terreo onde os escritores converxen, onde espallan as sementes das palabras, das que agromarán as xemas dun poema. II Un espazo sen límites para escribir palabras e aforrar memoria. III Os escritores enchen o espazo con palabras cuxo significado desafía o intelecto, e o seu senso engaiola o ser. IV A musa non é máis ca unha algareira insensata a quen culpar da sorte, pois o espazo éncheo e baleirao un escritor con palabras deleitosas. V Se esta arte entretén o lector, venturoso sexa. Se esta arte axuda a paliar a miña fame, saciado sexa. Mais, Se esta arte non se chega nunca a ler, talvez alguén a atope agochada nas crebas do espazo, reverberando, partíndose e fundíndose no punto á fin. | Entry #34609 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|